relojes web gratis

miércoles, 24 de abril de 2013

Copa da Liga

Quédamos eliminados na fase previa da Copa da Ligto se dispua diante do Xornes por 3 a 0, partido que disputou a partido único en Buño.

A Copa do Concello de Carballo comezará o domingo 26 de Maio

FINAL DA LIAGA 2012/2013

Un ano máis a Liga chegou o seu fin cun gran éxito por parte do Rus despois destes dous anos sendo últimos clasificados.

1º. A Brea
2º. Cereo
3º.RUS


jueves, 7 de marzo de 2013

Ola de novo.

Despois de tanto tempo sen actualizar o noso blogue, por fin imos comezar a poñernos e poñervos ao día pouco a pouco.

Para comezar diremos que a clasificacíón está actualizada ( non así os resultados ).
Á este respecto dicir que por decisión SÓ dos dous que mandan ( Cereo e Cances ) os partidos que se xogaron co Celeste foron anulados e restándonos os puntos da clasificación. Afectando, sobre todo, a dous equipos; á Brea, o líder, pasa de ter 6 puntos de vantaxe a 3.

O equipo do Rus é o máis prexudicado xa que nos restaron 4 puntos polo que pasariamos de estar en 4ª posición á 6ª. Ou o que é o mesmo, pasamos de estar a 5 puntos do 2º clasificado, o Cereo, a estar a  9 PUNTOS ! !
E como non, ao Cereo non lle restan ningún e ao Cances só un.
O que pedimos dende aquí e o que piden moitos equipo é que se apliquen as normas da Federecións, e se aplique unha medida que non prexudique nin beneficie demasiado a ninguén.

ESTE MES DE MARZO, o SÁBADO 30, o Rus organiza un maratón de tute e unha churrascada gratuíta para todos os socios e as socias e para todos aqueles que queirades vir. POÑEREMOS OS CARTEIS NO BLOGUE.
ESTADE ATENTOS E ATENTAS !!

Por último dicir que nestas semanas cambiaremos a imaxe deste blogue e intentaremos que sexa un sitio máis     dinámico e accesible para todos vos.

UN SAÚDO

viernes, 26 de octubre de 2012

RUS- A Brea

O partido Rus-A Brea, correspondente á cuarta xornada de liga adiantarase ao sábado 27. Xogarase ás 19:00 da tarde no municipal de As Eiroas.

lunes, 8 de octubre de 2012

A Piña 3 - RUS 4

Arrincamos a liga con unha victoria ante un dos favoritos da liga.
Foi unha victoria clara e onde dominamos o encontro por completo. Aínda que A Piña nos minutos finais marcou dous goles seguidos de sendos disparos lonxanos que significaba o 3-4 no marcador, apenas chegou a nosa portería.
Esta victoria sabe dobre xa que sempre que nos enfrontabamos ca Piña caiamos goleados, especialmente dura foi a última por once goles.
Arrincamos con bo pé. Para a semana toca un partido difícil co actual campiòn de Copa, o Celeste.